sábado, 25 de xaneiro de 2020

Traballos sobre a Arte do século XIX

En 4º de ESO imos investigar en grupos sobre os distintos movementos artísticos que tiveron lugar no século XIX. Cada tema ten un esquema e uns recursos nos que debedes buscar a información que atoparedes neste enlace:

Esquemas traballos Arte século XIX



A primeira parte deste traballo consiste na realización dunha presentación dixital que pode realizarse sobre o programa que prefirades (presentación de Google, Open Office, Power Point, Genially...).
A nota da presentación é común para todo o grupo e deberá ser enviada ao meu correo a unha das seguintes direccións a.delatorre@edu.xunta.gal ou a.delatorre.rocafort@gmail.com antes do 1 de marzo.
Podedes acceder á rúbrica coa que se avaliará o traballo no seguinte enlace:

Rúbrica presentación dixital.

A segunda parte do traballo consistirá na exposición oral do traballo, aquí as notas serán individuais. As exposicións se realizarán do 16 ao 18 de marzo e a rúbrica que se empregará será a seguinte:

Rúbrica exposición oral.

Moito ánimo!!

luns, 18 de marzo de 2019

Os últimos descubrimentos no noso planeta.

E velaquí os resultados do Traballo de Investigación realizado polo alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo para o Proxecto Grandes Viaxes coordinado pola Biblioteca Aloia!

Hecho con Padlet

luns, 18 de febreiro de 2019

A Prehistoria en Galicia

As alumnas da materia Xeografía e Historia de Galicia fixeron unhas infografías para explicarnos os tres fenómenos máis importantes que se desenvolveron en Galicia durante a Prehistoria.
Aquí tedes o resultado!


Made with Padlet

luns, 11 de febreiro de 2019

Colaboramos co Proxecto da Biblioteca

Este curso, a Biblioteca Aloia decidiu realizar un proxecto interdisciplinar titulado Grandes viaxes.
Para aportar o noso granciño de area, en Historia do Mundo Contemporáneo imos facer un traballo de investigación sobre os últimos descubrimentos xeográficos do noso planeta.

Aquí tedes máis información.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Como facer un traballo de investigación?

Moitas veces temos que facer traballos para entregar nas distintas materias pero, estamos seguros/as de que os facemos ben?
Aquí tedes unha guía para facer un bo traballo de investigación e comunicar os resultados dun xeito ético.
Pinchade no enlace que aparece debaixo da imaxe: xa veredes que sinxelo é mellorar os nosos traballos!


martes, 8 de xaneiro de 2019

Historia e cine

Nesta avaliación tócanos o cine relacionado coas guerras mundiais e a etapa de entreguerras.


O traballo individual seguirá o mesmo modelo que o da anterior avaliación e deberedes entregalo antes do 6 de febreiro. As películas propostas as atoparedes no seguinte enlace:

domingo, 16 de decembro de 2018

O Xornal da Revolución

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato elaborou un Xornal da Revolución Francesa. Convertéronse en xornalistas para achegarnos a Revolución dun xeito distinto.
Velaquí o resultado!
Parabéns rapaces!!

Hecho con Padlet