venres, 11 de novembro de 2016

Unha historia de esquecidos

Son moitos os esquecidos e esquecidas cuxas voces son apagadas pola historia oficial: xentes do común, mulleres, escravos... Nesta ocasión imos recordar a estes últimos.
Como sabedes, a escravitude tivo un gran peso na economía colonial do Antigo Réxime. O trato que se lles dispensaba estaba moi lonxe de ser digno, xa que non eran considerados persoas. A seguinte historia é un bo exemplo delo.

Esta illa da dereita, situada ao leste de Madagascar e ao norte da Reunión, serviu de "residencia" a un grupo de naúfragos a finais do século XVIII.

Como vedes na fotografía inferior, mesmo construiron un campamento.

O que debedes averiguar é a historia que hai detrás:

- Como se chamaba e de que nacionalidade era o barco que naufragou?


- Quen quedou na illa?


- Canto tempo estiveron alí os naúfragos?

- Quen os recolleu? Que relación ten co nome do illote?

- Como saiu á luz esta historia?



xoves, 20 de outubro de 2016

De viaxe polo mundo!



Como vimos na aula, o noso planeta é moi grande e ten moitos sitios que visitar...
Aquí vos deixo catro, saberiades dicir os seus nomes?  Dous tedes que descubrilos a través das fotografías e os outros dous a través das súas coordenadas xeográficas:

1. 48°51'30'' N 2°17'40'' E


2. 33°51'25''S 151°12'54'' E
3.                                                                                 4.















Ademais do nome de cada un dos sitios, tedes que dicir:

- Nome do país no que se atopan.
- Capital de dito país.
- Tipo de forma de goberno que teñen.
- Cal preferirías visitar? Por que?

Espero as vosas respostas!

luns, 20 de xuño de 2016

Traballos finais

E xa chegamos ao final deste curso...Os alumnos e alumnas de 4º remataron a avaliación facendo unhas exposicións sobre diferentes temas. Velaquí tedes unha escolma cos mellores traballos!


xoves, 19 de maio de 2016

Historias olvidadas da Historia

Fixádevos ben nestas fotografías...



As dúas pertencen á Liberación de París dos nazis, en agosto de 1944.  O que tedes que averiguar é:

- Por que o tanque da fotografía inferior ten nome español? Que outros tanques con nomes españois participaron na Liberación?
- Non esquezades mencionar como se chamou esa división, por quen estaba formada, como chegaron ata alí, e cal é a relación, polo tanto, coa Guerra Civil Española.

Esta foi unha historia esquecida polo mundo ata hai ben pouco...No 2013 publicouse esta novela gráfica

Podedes dicir o nome da novela e o seu autor?

mércores, 27 de abril de 2016

Un símbolo da Guerra Fría en Redondela

Supoño que moitos sabedes da existencia deste anaco de historia na vosa vila...



A pregunta é, como chegou ata aquí? Iso é o primeiro que deberedes contarme nesta ocasión.

A día de hoxe, en Berlín, aínda quedan restos do famoso Muro, nos que distintos artistas fixeron murais como o que podedes ver nesta imaxe:



Saberiades dicir que tipo de coche é este e por que é un símbolo da RDA? Fixádevos ben na matrícula, que feito conmemora?

E, por último, outro símbolo que perviviu ata os nosos días:


Como se chama e cal é a súa función? Por que sigue existindo?

luns, 4 de abril de 2016

As Vangardas

Aquí vemos dous cadros que pertencen a dous movementos das Vangardas que estivemos estudando na aula. Como xa sodes todos uns expertos e expertas, teredes que dicirme:
 - o seu título
 - autor e data de realización
 - estilo ao que pertence cada unha ( xustificando o por que)
 - o título, autor e estilo dunha obra vista na aula que vos chamase atención e dicir por que a  escollestes








mércores, 16 de marzo de 2016

Os traballos de Heracles

Como sabedes, Heracles, Hércules para os romanos, realizou 12 traballos encargados polo rei Euristeo a instancias de Hera. Poderiades dicir que catro traballos aparecen representados nestas cerámicas gregas?




Mitoloxía e Arte

Os alumnos de Cultura Clásica estiveron investigando sobre a mitoloxía e a súa permanencia a través da Arte. Aquí temos algúns resultados das súas procuras. Parabéns rapaces!

mércores, 2 de marzo de 2016

Historia e cine

Observade estas imaxes. A primeira é unha fotografía histórica, realizada en Rastenburg o 15 de xullo de 1944. Seguro que hai unha cara que vos é coñecida pero de quen quero que me faledes é do home que sae de perfil á esquerda da fotografía. De feito, na segunda imaxe un famoso actor de Hollywood aparece caracterizado como este home.




Agora, tedes que averiguar:

1- Quen é ese home? Por que é coñecido? En que lugar concreto e data realizou dita acción?.
2- Como afectou isto a Hitler? Xa vivira algo parecido?
3- Cal é o nome do actor e da película que realizou baseada nestes feitos? E, por certo, por que aparece cun parche?

luns, 15 de febreiro de 2016

A Primeira Guerra Mundial

Para completar o visto na aula, déixovos aquí un vídeo sobre a Primeira Guerra Mundial. Trátase dun documental francés de 2008, realizado a partir de imaxes reais coloreadas e tamén de fragmentos de películas que retratan esa época. O documental ponnos na pel dun soldado de 24 anos que nos amosa a súa visión deses catro anos de inferno que foi obrigado a vivir.


xoves, 4 de febreiro de 2016

Fotos que agochan historias

Fixádevos ben nesta foto.Nese vagón de tren, sucedeu algo moi importante relacionado coa Primeira Guerra Mundial. Debedes investigar para descubrir as historias que se agochan nel...


A ver quen é quen de dicirme:
1- Que aconteceu nese lugar? En que data e a que hora se produciu?
2- Que relación ten o vagón con Hitler?
3- Henry Gunther, George Lawrence Price e Augustin Trébuchon. Que triste historia esconden estes nomes relacionada co tema que nos ocupa?







luns, 25 de xaneiro de 2016

De quen son?

Despois do visto na clase...sabedes recoñecer de quen son estes cadros, centrados ambos nunhas plantas moi decorativas?
O primeiro/a que o adiviñe terá a súa recompensa!
Debedes especificar:
1- Título.
2- Autor.
3- Estilo ao que pertence e por que.
4- Curiosidade: que prezo acadaron nas subastas de arte nas que se venderon?




sábado, 23 de xaneiro de 2016

Traballos Historia 4º ESO

Aquí temos unha selección dos traballos de Historia feitos polos alumnos e alumnas de 4º de ESO. Parabéns rapaces!!