Como podedes observar hai un grupo de soldados británicos e alemáns posando para o fotógrafo, pero... non estaban en guerra?
Pois iso mesmo é o que me tedes que explicar: por que existe esta foto. Non esquezades dicir:
- Que é o que pasou e cando?
- Onde tivo lugar esta historia? Tristemente na segunda batalla que se librou nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
- Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?
