luns, 15 de febreiro de 2016

A Primeira Guerra Mundial

Para completar o visto na aula, déixovos aquí un vídeo sobre a Primeira Guerra Mundial. Trátase dun documental francés de 2008, realizado a partir de imaxes reais coloreadas e tamén de fragmentos de películas que retratan esa época. O documental ponnos na pel dun soldado de 24 anos que nos amosa a súa visión deses catro anos de inferno que foi obrigado a vivir.


xoves, 4 de febreiro de 2016

Fotos que agochan historias

Fixádevos ben nesta foto.Nese vagón de tren, sucedeu algo moi importante relacionado coa Primeira Guerra Mundial. Debedes investigar para descubrir as historias que se agochan nel...


A ver quen é quen de dicirme:
1- Que aconteceu nese lugar? En que data e a que hora se produciu?
2- Que relación ten o vagón con Hitler?
3- Henry Gunther, George Lawrence Price e Augustin Trébuchon. Que triste historia esconden estes nomes relacionada co tema que nos ocupa?