mércores, 10 de maio de 2017

Centenario dunha Revolución

Este ano, 2017, celébrase o centenario da Revolución Rusa e, para conmemoralo, os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato e os de Literatura Universal colaboramos nun pequeno proxecto.

Eles leron a novela "Rebelión na granxa" de George Orwell e explicáronnos a parábola satírica  que esconde: a denuncia do réxime estalinista.  E, como a eles lles faltaba o contexto histórico para unha mellor comprensión do seu libro, os alumnos de Historia ofrecéronse a explicarllo!

Parabéns aos dous grupos polas vosas exposicións!

Aquí tedes a presentación dos alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo: