Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato prepararon unha exposición sobre a colonización de Asia. Velaquí tedes o resultado!
Segundo a mitoloxía grega, Clío era unha das nove musas, a da Historia. No seu recanto compartiremos durante o curso os nosos traballos de Ciencias Sociais.
mércores, 20 de decembro de 2017
O Imperialismo en Asia
Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato prepararon unha exposición sobre a colonización de Asia. Velaquí tedes o resultado!
mércores, 29 de novembro de 2017
Historia dun saúdo.
Nun recuncho de África conseguiron atoparse, nunha época sen GPS nin móbiles. Así que, coas novas tecnoloxías, a vós vos será moito máis fácil atopar quen foron estes homes e explicarnos:
1- Quen era o home da fotografía da esquerda e por que exploracións foi coñecido.
2- Quen era o home da fotografía da dereita e por que exploracións foi coñecido.
3- Por que o primeiro foi en busca do segundo.
4- Como, onde e cando tivo lugar o saúdo.
5- En Europa, o saúdo fíxose moi famoso pero cal é a visión sobre este suceso de Milcah Amolo Achola, profesora da Universidade de Nairobi?
Sorte, exploradores!
xoves, 16 de novembro de 2017
A Europa da Revolución Industrial
Despois da posta en común na aula, agora vos toca redactar esas ideas xurdidas para lograr compoñer un comentario deste mapa histórico.
Lembrade que a estrutura é semellante á do comentario de texto:
1- Identificación.
2- Análise.
3- Comentario.
4- Conclusión.
Seguro que o facedes moi ben. Ánimo!
Lembrade que a estrutura é semellante á do comentario de texto:
1- Identificación.
2- Análise.
3- Comentario.
4- Conclusión.
Seguro que o facedes moi ben. Ánimo!
domingo, 15 de outubro de 2017
Historia dun traidor.
Este home que vedes na ilustración é considerado un traidor.
Nun primeiro momento, participou nunha batalla moi importante no decurso dunha guerra igual de importante.

Pola súa participación na batalla que aparece na pintura da esquerda, levantouse o monumento que vedes nesta fotografía de aquí abaixo:
Representa un bota militar sobre un cañón e, na inscripción, se fala dun soldado brillante...Porén, o nome dese soldado brillante non aparece por ningures.
O que tedes que descubrir é:
- o nome deste soldado.
- en que batalla de que guerra participou.
- Onde está o monumento, por que ten forma de bota e por que non aparece ningún nome.
- como rematou os seus días este personaxe.
Ánimo coas vosas pescudas!

luns, 9 de outubro de 2017
Durante a Guerra de Sucesión...
Fíxadevos ben nesta imaxe:
Estamos diante dunha batalla que tivo lugar moi preto de nós durante a guerra de Sucesión Española (1701-14).

Durante moito tempo falouse desta batalla e mesmo un gran autor francés mencionouna nun dos seus libros máis coñecidos...
Hoxe en día, ademais de fabulosas lendas, quédannos restos dalgún galeón, tanto na cidade coma baixo das augas...
Agora vos toca investigar para contestar aos seguintes interrogantes:
- De que batalla falamos? Cando e onde tivo lugar? A quen enfrontou?
- Cal é a lenda que circula sobre ela?
- Quen foi ese autor francés e o libro no que se fala dela?

mércores, 10 de maio de 2017
Centenario dunha Revolución
Este ano, 2017, celébrase o centenario da Revolución Rusa e, para conmemoralo, os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato e os de Literatura Universal colaboramos nun pequeno proxecto.
Eles leron a novela "Rebelión na granxa" de George Orwell e explicáronnos a parábola satírica que esconde: a denuncia do réxime estalinista. E, como a eles lles faltaba o contexto histórico para unha mellor comprensión do seu libro, os alumnos de Historia ofrecéronse a explicarllo!
Parabéns aos dous grupos polas vosas exposicións!
Parabéns aos dous grupos polas vosas exposicións!
Aquí tedes a presentación dos alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo:
mércores, 12 de abril de 2017
Unha pintora renacentista
Tradicionalmente, na Historia da Arte non aparecen moitos nomes de muller pero, grazas a recentes investigacións, cada vez son máis coñecidas esas artistas que, pola súa condición de mulleres, viron os seus nomes relegados ou as súas obras adxudicadas aos homes que dirixían os obradoiros nos que elas traballaban.
Como estamos estudando o Renacemento, nesta ocasión tedes que descubrir quen é a muller que se agocha detrás destes lenzos e contestar ás seguintes cuestións:

- Cal é o seu nome?
- Onde e cando naceu?
- De que traballou en España?
- Cando e por que volve ao seu país de nacemento?
- Quen a visitou e retratou cando ela tiña 96 anos?

mércores, 18 de xaneiro de 2017
Actividades económicas en Tui
Xa vimos na aula que é unha actividade económica e en que sectores se poden dividir. Os alumnos e alumnas de 3º de ESO van poñernos agora algúns exemplos!
luns, 16 de xaneiro de 2017
Pintura de finais do XIX
Despois de todo visto na aula deberiades recoñecer sen problema que autores están detrás destas obras! Observádeas ben e decídeme:
1- Quen é o autor da cada unha e porque chegastes a esa conclusión.
2- Título, estilo, ano de creación e museo no que se conserva cada unha.
3- Que autor, dos vistos na aula (pode non ser ningún destes dous), vos gusta máis e por que?

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)