domingo, 16 de decembro de 2018

O Xornal da Revolución

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato elaborou un Xornal da Revolución Francesa. Convertéronse en xornalistas para achegarnos a Revolución dun xeito distinto.
Velaquí o resultado!
Parabéns rapaces!!

Hecho con Padlet

martes, 16 de outubro de 2018

Traballo Historia e Cine

O traballo individual de Historia e Cine debe ser entregado antes do 21 de novembro (inclusive). Pódese enviar ao meu mail ou ben entregar físicamente, como se prefira.
Consistirá na análise dunha película ambientada nos séculos XVIII, XIX ou principios do XX de entre as propostas que atoparedes no seguinte enlace:



O traballo deberá constar dos seguintes apartados:

  • Ficha técnica película.
  • Sinopse.
  • Explicación do contexto histórico no que se desenvolve a trama.
  • Elección dunha escena e análise dende o punto de vista técnico (planos, angulación, movementos de cámara, transicións...)
  • Valoración personal.
Nos comentarios, deixade o voso nome, curso e película elexida. Moito ánimo!




venres, 1 de xuño de 2018

O expresionsimo

Por segundo ano, o alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato fixo unha colaboración cos seus compañeiros e compañeiras de Literatura Universal. Así, mentres eles nos amosaban o Expresionismo literario, nós lles explicamos o estilo Expresionista na Arte do século XX.
Aquí temos a presentación realizada:


Parabéns a todas e todos!!

venres, 25 de maio de 2018

I Olimpiada de Historia

A Facultade de Historia da Universidade de Vigo realizou este venres a I Olimpiada de Historia para alumnadao de 4º de ESO.
A experiencia foi moi enriquecedora e os catro respresentantes do noso IES: Silvia Arroyo, Lucía Soutelo, Fabián Álvarez e Diego Nóvoa fixeron un gran traballo, quedando segundos na proba clasificatoria! Unha mágoa que só puidera pasar un equipo á semifinal :(




PARABÉNS EQUIPO!!!!!

domingo, 13 de maio de 2018

Monumento a unha heroína

Este monumento está dedicado a un animaliño que se convertiu nun dos cans máis famosos da Historia.
E aquí temos unha fotografía real:

Como ben sabedes, agora estamos estudando a Guerra fría e esta historia, polo tanto, ten que ver con este momento histórico. Agora, tedes que investigar:

1- Quen é e por que é famoso este animal. 
2- Explica a súa historia: como foi escollida, que lle pasou...
3- En que outro monumento aparece tamén.
4- Quen gobernaba o seu país cando aconteceu esta historia.
5- Que relación ten isto coa Guerra Fría.

venres, 30 de marzo de 2018

Orgullosos do noso!

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía e Historia de Galicia fixo esta avaliación unha campaña para difundir o valor do patrimonio galego entre o alumnado do instituto. Así, achegáronnos a esas xoias que temos en Galicia, algunhas descoñecidas para moita xente, deseñando unha campaña publicitaria.

Crearon o logo e slogan do patrimonio en cuestión e nos foron informando del a través de carteis e de contas no Instagram!

@petroglifosgalegos fascinounos co seu lema "Comparte momentos, comparte petrógligos" e nos amosou os gravados máis interesantes.

 @castrosgalegos "O mellor que temos!" levounos de viaxe por Galicia a través dos seus castros.


@covaeiros adentrounos co seu lema "Cova Eirós, que máis?"ao Paleolítico galego. O seu Homo Chicho fíxonos de anfitrión para descubrir os segredos que esconde esa cova.


@santa_eulalia_de_boveda ensinounos que non nos debemos deixar levar polas apariencias pois "a beleza está no interior"

 e @dolmendedombate nos conquistou entre poemas de Pondal e mensaxes de Whatsapp...


Que traballo máis fantástico fixeron! Os nosos máis sinceiros parabéns!!

sábado, 24 de marzo de 2018

Cartas dende as trincheiras.


O alumnado de 1º de Bacharelato compartiu na nosa biblioteca o traballo realizado na materia de Historia do mundo Contemporáneo.

Son cartas nas que se poñen na pel de soldados de ambos bandos da Primeira Guerra Mundial que escriben dende as trincheiras.

Primeiro, elixiron un nome, unha nacionalidade, un bando, unha fronte e unha historia persoal.

Despois, puxéronse na súa pel para transmitirnos, o máis fidedignamente posible, como se vivía nunha trincheira, como se xogaban a pel todos os días e os sentimentos e estado de ánimo que provocaba iso no soldado.

Por último, puxéronse mans á obra para expoñelo nun recuncho da nosa Biblioteca, e este foi o resultado!

     

Se queredes ler as cartas e non podedes vir ata a nosa Biblioteca, podedes velas aquí:

mércores, 28 de febreiro de 2018

Concordia entre as balas

Fixádevos nesta portada do Daily Mirror de xaneiro de 1915:


Como podedes observar hai un grupo de soldados británicos e alemáns posando para o fotógrafo, pero... non estaban en guerra?
Pois iso mesmo é o que me tedes que explicar: por que existe esta foto. Non esquezades dicir:
- Que é o que pasou e cando?
- Onde tivo lugar esta historia? Tristemente na segunda batalla que se librou nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
- Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron  películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Loving Vincent

Este venres foi a estrea da película de animación Loving Vincent, unha coprodución polaco-británica que é unha verdadeira obra de arte!
Traballaron nela máis de 100 artistas durante 6 anos creando case 65000 fotogramas ao óleo pintados a man baseados na obra de Van Gogh. Un auténtico placer para a vista, non o perdades!
Como xa estivemos falando deste artista holandés na aula, propóñovos un reto. A ver quen é quen de dar máis títulos das obras de Van Gogh que aparecen neste tráiler da película. Ánimo!