venres, 30 de marzo de 2018

Orgullosos do noso!

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía e Historia de Galicia fixo esta avaliación unha campaña para difundir o valor do patrimonio galego entre o alumnado do instituto. Así, achegáronnos a esas xoias que temos en Galicia, algunhas descoñecidas para moita xente, deseñando unha campaña publicitaria.

Crearon o logo e slogan do patrimonio en cuestión e nos foron informando del a través de carteis e de contas no Instagram!

@petroglifosgalegos fascinounos co seu lema "Comparte momentos, comparte petrógligos" e nos amosou os gravados máis interesantes.

 @castrosgalegos "O mellor que temos!" levounos de viaxe por Galicia a través dos seus castros.


@covaeiros adentrounos co seu lema "Cova Eirós, que máis?"ao Paleolítico galego. O seu Homo Chicho fíxonos de anfitrión para descubrir os segredos que esconde esa cova.


@santa_eulalia_de_boveda ensinounos que non nos debemos deixar levar polas apariencias pois "a beleza está no interior"

 e @dolmendedombate nos conquistou entre poemas de Pondal e mensaxes de Whatsapp...


Que traballo máis fantástico fixeron! Os nosos máis sinceiros parabéns!!

sábado, 24 de marzo de 2018

Cartas dende as trincheiras.


O alumnado de 1º de Bacharelato compartiu na nosa biblioteca o traballo realizado na materia de Historia do mundo Contemporáneo.

Son cartas nas que se poñen na pel de soldados de ambos bandos da Primeira Guerra Mundial que escriben dende as trincheiras.

Primeiro, elixiron un nome, unha nacionalidade, un bando, unha fronte e unha historia persoal.

Despois, puxéronse na súa pel para transmitirnos, o máis fidedignamente posible, como se vivía nunha trincheira, como se xogaban a pel todos os días e os sentimentos e estado de ánimo que provocaba iso no soldado.

Por último, puxéronse mans á obra para expoñelo nun recuncho da nosa Biblioteca, e este foi o resultado!

     

Se queredes ler as cartas e non podedes vir ata a nosa Biblioteca, podedes velas aquí: