xoves, 4 de febreiro de 2016

Fotos que agochan historias

Fixádevos ben nesta foto.Nese vagón de tren, sucedeu algo moi importante relacionado coa Primeira Guerra Mundial. Debedes investigar para descubrir as historias que se agochan nel...


A ver quen é quen de dicirme:
1- Que aconteceu nese lugar? En que data e a que hora se produciu?
2- Que relación ten o vagón con Hitler?
3- Henry Gunther, George Lawrence Price e Augustin Trébuchon. Que triste historia esconden estes nomes relacionada co tema que nos ocupa?







14 comentarios:

  1. 1- 11/11/1918,Esta foto fixose no bosque de Compiègne , tras chegar a un acordo para o armisticio que puxo fin á Primeira Guerra Mundial .
    2-A relación que ten con hitler é que o 22de xuño de 1940 Hitler ordenou sacar O vagón e situalo no mesmo lugar para que os franceses sufrisen a mesma humillación que sufriran o 11 de novembro de 1918
    3-HENRY GUNTHER:(estadounidense) conocido por ser un dos últimoS soldadoS en morrer durante a Primeira Guerra Mundial. Morreu un minuto antes do armisticio do 11 /11/ 1918
    GEORGE LAWRENCE PRICE:(canadiense) soldado morto dous minutos antes de armisticio
    AUGUSTIN TRÉBUCHON:(frances)el como os outros soldados morreu 15 min antes do armisticio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Lucía! Aínda que deixaches atrás a hora na que se asinou o armisticio...

      Eliminar
  2. 1- Nese vagón tivo lugar o Armisticio do 11 de novembro de 1918, o 11 de novembro, no bosque de Compiégne, ás 11 da mañá. Este armisticio foi asinado pola Alianza e o Imperio Alemán e supuxo o fin das hostilidades militares no Frente Occidental, pero tamén provocou en Alemaña a súa desmilitarición e a pérdida de beneficios territoriais no Este.

    2- Alemaña (dirixida por Hitler) asinou con Francia nese mesmo vagón o Armisticio de 1940, por petición de Pétain (o presidente de Francia). Foi asinado na Segunda Guerra Mundial, ao finalizar a Batalla de Francia (na que Alemaña conseguiu se vencedora). Neste Armisticio autorizábase a Alemaña para ocupar as 2/3 partes de Francia.

    3-Henry Gunther foi o útimo soldado en morrer durante a Primeira Guerra Mundial, un minuto antes de que se firmara o Armisticio do 11 de novembro de 1918.
    George Lawrence foi o último soldado caído en combate
    durante a Primeira Guerra Mundial, dous minutos antes da firma do Armistcio.
    Augustin Trébuchon foi o último soldado francés morto durante a Primeira Guerra Mundial, quince minutos antes de que se asinara o Armisticio.

    ResponderEliminar
  3. Esta imaxe representa o armisticio do 11 de novembro de 1918, o armisticio firmouse as 5 da mañá, pero non entraba en vigor ata as 11.


    No ano 1940, Francia pide o armisticio a Alemaña e Hitler, con aires de vinganza, traslada o vagón 2419D (o da fotografía) ao sitio no que estaba no anterior armisticio para firmalo alí.


    Henry Gunther foi o último soldado en morrer na primeira guerra mundial, xa que morreu o 11/11/1918 as 10:59. George Lawrence Price morreu as 10:58, e Agustin Trebuchon foi o último soldado francés en morrer, que morreu 15 minutos antes da entrada en vigor do armisticio.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa resposta Jorge! Unha suxerencia: poderías ter indicado que o armisticio asinado en 1940 encádrase dentro da Segunda Guerra Mundial.

      Eliminar
  4. 1-
    Firmouse o final da Primeira Guerra Mundial. Produciuse as 11 horas do dia 11 do mes 11 de 1918.

    2-
    Hitler reclamou o vagón o 22 de xuño de 1940,para que alí firmaran os franceses a sua rendición na Segunda Guerra Mundial,no lugar de Compiegne. Despois, o vagón levarono as SS de Hitler e o destruiron.

    3-
    O último americano fue Henry Gunther que morreu 60 segundos antes das 11.
    O Canadiense, George Lawrence Price foi o último soldado da Commonwealth en morrer, as 10:58.
    Agustin Trébuchon foi o último francés en morir as 10:45.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa resposta, Sandra! Clara e concisa. Ollo coas tildes, faltan algunhas! ( día, súa, levárono...)

      Eliminar
  5. EL VAGÓN DE ARMISTICIO DE COMPIÈGNE:

    1- Fue un tratado firmado el 11 DE NOVIEMBRE de 1918 a las 11 de la mañana, entre los Aliados y el Imperio alemán, en el vagón de un tren en el bosque de Compiègne, con el fin de terminar el enfrontamiento de la de la Pimera Guerra Mundial.
    2- Hitler quiso firmar el contrato donde se dividia Francia en el mismo lugar donde se firmó el Armisticio de 1918 ( en el bosque de Compiègne ).
    3- Henry Gunther, el cual murió un minuto antes de la entrada en vigor del armisticio, quedando registrado como el último combatiente muerto en la Gran Guerra.

    A las 10:58 am del 11 de noviembre de 1918, el soldado George Price moria a causa del disparo en el corazon de un francotirador aleman, dos minutos despues acababa la primera guerra mundial.

    Augustin Trébuchon el 4 de agosto de 1914 se enroló en el ejército y fue destinado al 415º Regimiento de Infantería como mensajero. La mañana del 11 de noviembre, sobre las 10.45, llevaba un mensaje para la 163ª División de Infantería situada en Vrigne-sur-Meuse, en las Ardenas, cuando fue abatido por los disparos de los alemanes. El mensaje decía:
    Sopa caliente a las 11:30 (recordemos que el armisticio entraba en vigor a las 11.00).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A resposta está ben pero ollo cos "corta e pega", Álvaro! Tes que intentar expresar a información coas túas palabras e en galego,por favor!

      Eliminar
  6. 1- Firmouse un tratado chamado Armisticio de Compiègne entre os Aliados (Francia, Reino Unido e Rusia) e o Imperio alemán. Sucedeu o 11 de novembro de 1918 ás 11 da mañá.

    2- Hitler tomouse a revancha e fixo que os franceses firmaran a súa rendición no mesmo vagón de Compiegne o 22 de xunio do 1940.

    3-A relación que hai entre eles é que foron os últimos soldados que morreron antes do Armisticio da Primeira Guerra Mundial (Henry Gunther: estadounidense; George Lawrence Price: canadiense e Augustin Trébuchon: francés)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Óscar! O único dicir que ese armisticio do 22 de xuño de 1940 encádrase na Segunda Guerra Mundial.

      Eliminar
  7. 1-Neste vagón firmouse o armisticio,o acordo que marcou o final da Primeira Guerra Mundial.
    Produciuse o 11 de novembro de 1918 ás 11 horas en Compiègne.

    2-Este vagón foi reclamado por Hitler o 22 de xuño de 1940 para que os franceses firmaran a súa rendición na Segunda Guerra Mundial.

    3-Henry Gunther foi o último morto da guerra. Pertencía ao exército de Estados Unidos. Morreu un minuto antes do armisticio, ás 10:59.
    George Lawrence Price foi o último soldado canadiense morto, que faleceu dous minutos antes das 11.
    Augustin Trebuchon foui o último soldado francés que loitou na Primeira Guerra Mundial, morreu 10 minutos antes da hora oficial do armisticio.

    ResponderEliminar