luns, 4 de abril de 2016

As Vangardas

Aquí vemos dous cadros que pertencen a dous movementos das Vangardas que estivemos estudando na aula. Como xa sodes todos uns expertos e expertas, teredes que dicirme:
 - o seu título
 - autor e data de realización
 - estilo ao que pertence cada unha ( xustificando o por que)
 - o título, autor e estilo dunha obra vista na aula que vos chamase atención e dicir por que a  escollestes








24 comentarios:

  1. Marta Costas Álvarez 4ºB:
    A primeira pintura chámase "A muchacha da mandolina" pertence ó estilo cubista porque descompón os obxectos en figuras xeométricas,utiliza cores apagadas e desaparece a perspectiva, esta composición foi realiza por Picasso entre 1910 e 1912.
    A segunda obra é "New York City 3" pertence ó estilo abstracto e foi realizada por Piet Mondrian en 1941, pertence a este estilo porque só se pode xulgar dende a estética.
    A obra que eu escollín das que vimos en clase foi "A rapaza na fiestra" de Salvador Dalí que pertence ó estilo do surrealismos, ainda que non é de todo surrealista, Dalí esta nunha transición cara o surrealismo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben a resposta, Marta. A "Rapaza na fiestra" de Dalí é unha obra preciosa, estou dacordo contigo, pero non é surrealista senón realista, xa que é unha obra dos seus inicios.

      Eliminar
  2. 1º Cadro
    -Título: A rapaza da mandolina
    -Autor e data de realización: Esta composición pictórica foi realizada por Pablo Ruiz Picasso entre os anos 1910-1912
    -Estilo: Cubismo analítico
    2º Cadro:
    -Título: New York City
    -Autor e data de realización: Este cadro foi realizado por Piet Mondrian no ano 1941. Está inacabado.
    -Estilo: Abstracción
    Obra vista na aula:
    -Título: Leda atómica
    -Autor: Salvador Dalí
    -Estilo: Surrealismo
    A escollín esta composición pola maxistral forma de debuxo de Dalí e o trasfondo ideolóxico que contén: o autor inspirouse na teoría atómica para realizar este lienzo. El mesmo dixo deste cadro: “A Leda Atómica é o cadro da nosa vida. Todo está suspendido no espazo, sen que ninguna cousa toque a outra. O propio mar se eleva a distancia da terra”. Importante tamén é dicir que a reliazación obra está baseada na proporción áurea.
    A isto habería que sumarlle o interesante contraste coa representación do mito grego. Ciencia e mito aparentemente son incompatibles, pero Dalí desmínteo con este cadro.
    Manuel Estévez Mouriño 4ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Falta xustificar por que pensas que as obras son deses estilos, pero co teu comentario sobre "Leda atómica" o suples con creces ;)

      Eliminar
  3. cadro 1
    -"A muchacha da mandolina"
    - Picasso,1910
    -cubismo,baséase nas figuras xeométricas e non ten perspectiva. Ademáis as cores son apagadas e ten multienfoque.

    cadro 2
    -" Mondrian New York City 3"
    -Piet Mondrian,1941
    -cubismo,baséase nas figuras xeométricas e desaparece a perspectiva.

    -o cadro que escollín foi "O abrazo" pintado por Schiele en 1917. Escollín este,porque cando o vin impactoume a forma de trazar que ten pintor,esas liñas negras que atraen ao espectador. Tamén gustoume porque trasmítenos o amor que teñen esas dúas persas ahí acostadas.

    ResponderEliminar
  4. 1-Cadro :
    La muchacha de la mandolina
    Pablo Picasso ,1910-1912
    Cubismo:dado que a figura esta conformada por cadrados
    2-Cadro :
    New York City 3
    Mondrian,1941(inacabado)
    Neoplasticimo: Proponía despojar al arte de todo elemento accesorio en un intento de llegar a la esencia a través de un lenguaje plástico objetivo y, como consecuencia, universal.

    3-Cadro (eleccion):
    Harmonia en vermello
    Henri Matisse,1908
    Fauvista: por qu eaplica as cores de forma arbitraria.
    Son Diego Garrido López de 4ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Diego! Poderías ter comentado algo máis que te gustase de "Harmonía en vermello"...

      Eliminar
  5. 1.-
    TITULO:"muller con mandolina"
    AUTOR E DATA: Georges Braque, 1910
    ESTILO: Cubismo porque desaparece a perspectiva,descomposicion dos obxetos en formas xeometricas,cores apagadas,multienfoque,vision simultánea

    2.-
    TITULO:"New York City,3( inacabado )
    AUTOR E DATA: Piet Mondrian,1941
    ESTILO: Abstraccion porque parten do Expresionismo,a obra rompe a súa relacion coa realidade,manchas e formas sen relacion coa realidade...

    3.-
    TITULO:"o guernica"
    AUTOR E DATA: Picasso, 1937
    ESTILO: Cubismo, escollino porque soábame de velo antes de darlo na clase e quedouseme na cabeza

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben, Álvaro! O único que no cadro de Mondrian non aparecen "manchas" senón formas xeométricas. Alégrome de que o Guernika "se te quedase na cabeza", é un gran cadro.

      Eliminar
  6. Primer cadro
    -Muller con Mandolina
    -Picasso, 1910
    -cubismo, porque a figura da muller e da mandolina está descomposta en formas xeométricas, non hay perspectiva, emprega cores apagadas e emprega o multienfoque

    Segundo cadro
    -New York City 3
    Mondrian, 1941
    -Abstracción, porque é un cadro estético que non garda relación coa realidade

    -O Guernika, Picasso, cubismo. A escollín porque chamoume a atención que expresa moitos sentimentos sen usar cores e aínda que xa coñecía non sabía todo o que quería dicir

    -ANDREA 4C

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben, Andrea! Alégrome de que aumentaras os teus coñecementos sobre o "Guernika" co visto na aula :)

      Eliminar
  7. 1-Muchacha con mandolina
    Picasso en 1910
    Cubismo porque pinta todo en formas xeometricas
    2-New York City, 3(inacabado)
    Mondrian en 1941
    Abstracción porque o cadro non ten un sentido común

    -A Muller Sentada de Gris no Cubismo porque pareceme moy chula xa que está feita toda con formas xeométricas é e moi complicado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ollo coa redacción, Sandra! Entendo que o que quixeches dicir con "sentido común" no cadro de Mondrian é que non garda relación coa realidade, non?
      Estou dacordo, "Muller sentada" de Juan Gris é un cadro MOI chulo.

      Eliminar
  8. primer cadro
    1-Muchacha con mandolina.
    2-Pablo Picasso, 1910.
    3-cubismo, porque descompón a muller e a mandolina en formas xeométricas , utiliza cores apagadas , non ten perspectiva , ten multienfoque e visión simultánea .

    segundo cadro

    1- new york city 3 (inacabado).
    2- Piet Mondrian , 1941.
    3- Abstracción , porque só se pode xulgar dende a estética , as súas formas non teñen relación coa realidade , rompe a súa relación coa realidade.

    Chamoume a atención a obra de DALÍ.A persistencia da memoria porque me gusta a historia do cadro e a relación que ten co o autor , tamén gustame como empregou as cores e as formas dos reloxos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben, Lucía! Moi ben explicado o por que da túa elección!

      Eliminar
  9. 1º CADRO:
    -Título: Muller con mandolina.
    -Autor e data de realización: O seu autor é Georges Braque e foi pintado en 1910.
    -Estilo: Pertence ao estilo cubista porque hai unha desconposición dos obxetos en formas xeométricas e non hai perpectiva. Tamén hai multienfoque e unha visión simultanea.

    2º CADRO:
    -Título: New York City.
    -Autor e data de realización: O seu autor é Piet Mondrian e foi pintado en 1941 pero esta inacabado.
    -Estilo: Pertence a abstracción porque as manchas e formas non teñen relación coa realidade.

    OBRA QUE ESCOLLÍN: Pareceume interesante a obra chamada A maceira en flor de Mondrián porque foi moi curioso como fixo unha arbore dunha forma diferente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben, Óscar! O único que no cadro de Mondrian non podemos falar de manchas senón só de formas xeométricas!

      Eliminar
  10. 1.- Cadro
    - A muller con mandolina
    - George Braque, 1910
    - Cubismo, porque hai multienfoque, e os obxectos se dividen en formas xeometricas
    2.- Cadro
    - New York City,3
    - Mondrian, 1941 (ainda que esta inacabado)
    - Abstraccion, xa que se elimina o tema

    Eu escollo O Guernika de Picasso que pertence ao estilo cubista e o escollin porque tiven a oportunidade de velo en realidade en semana santa e me parece un cadro impresionante que me gustou moito. Ademais foi feito con moita meticulosidade e o artista pasou moito traballo para retratar o que pasou exactamente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está moi ben, Pablo! Que sorte tiveches de poder aprecialo esta Semana Santa! O "Guernika" é máis impresionante ainda en directo!

      Eliminar
  11. Primer cadro : Muller con mandolina
    Brake, 1910
    cubismo, porque emprega formas xeométricas e cores apagadas

    Segundo cadro:
    New York City,3
    Mondrian, 1941(inacabado)
    Abstracción, porque neste cadro non existe o tema

    O cadro que escollín e "O Gran Masturbador", un cadro feito por Dalí e pertencente o surrealismo, escollino xa que me parece unha obra moi ben feita e tiven a oportunidade de vela en persoa.


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben, Antonio! Alégrome de que ti tamén tiveses a sorte de visitar o reina Sofía!

      Eliminar
  12. Primeira obra:
    Titúlase “Muller con Mandolina” do artista Pablo Ruiz Picasso. Realizouse entre os anos 1910 e 1912. Pertence ao Cubismo, xa que os elementos atópanse dentro de formas xeométricas, empréganse cores apagadas e se elimina a perspectiva.

    Segunda obra:
    Titúlase “New York City 3” de Mondrián. Creouse en 1941. Pertence á abstracción xa que a obra perde a súa relación coa realidade e se fan formas exenas a ela.

    Escollín a pintura “Grandes cabalos azuis” do expresionista Marc. Chamoume a atención polas cores que emprega e tamén pola técnica que usa na paisaxe, xa que aínda que non respresenta as montañas como son na realidade, sábese perfectamente o que quere debuxar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Alba! Moi boa argumentación sobre o cadro! Ti terás que viaxar a Minneapolis para poder velo;)

      Eliminar