Despois da posta en común na aula, agora vos toca redactar esas ideas xurdidas para lograr compoñer un comentario deste mapa histórico.
Lembrade que a estrutura é semellante á do comentario de texto:
1- Identificación.
2- Análise.
3- Comentario.
4- Conclusión.
Seguro que o facedes moi ben. Ánimo!

A EUROPA DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
ResponderEliminarEstamos diante dun mapa que nos amosa a influencia que tivo a Revolución Industrial en Europa , principalmente na industria .
No mapa, podemos atopar cunha liña gris , a rede ferroviaria , que son mais extensas e abundantes no Reino Unido e no norte de Europa. De cor gris , representanse as principais concas carboníferas que ao igual que a rede ferroviaria , atópanse principalmente no Reino Unido e no norte de Europa , ainda que tamén se poden atopar polo sur. Cunha liña violeta, represéntanse as principais áreas industriais situadas maioritariamente no Reino Unido , no norte e en parte do centro de Europa. Representado cun pequeno debuxo dunha fábrica en cor violeta, amósanse as industrias metalúrxicas, abundantes no norte e o centro de Europa e sobre todo, no Reino Unido , ainda que tamén se extende , dunha forma case insignificante, polo sur . Ca mesma figura pero en cor verde, represéntanse as industrias textiles que se atopan pola mesma zona que as industrias metalúrxicas .
A primeira revolución industrial orixinouse en gran Bretaña e por ese motivo, o Reino Unido e a parte norte de Europa, está mais desenvolvida que o resto do continente , debido a que os novos descubrimentos chegan antes, á propia Gran Bretaña e ao norte , que ao resto de Europa. As principais industrias da época son a téxtil e a siderúrxica e o principal transporte o ferrocarril.
Como conclusión , posemos dicir , que a zona mais desenvolvida é a zona norte de Europa debido á súa proximidade con Gran Bretaña .
Carla Santos 4ºESO-B
Estamos diante dun mapa temático de Europa que representa a Revolución Inductrial pertencente á idade contemporánea do século XIX.
ResponderEliminarAnalizando podemos ver que o mapa está estructurado en diferentes figuras como por exemplo a primeira que nos indica a rede ferroravia, que se espande por toda a Gran Bretaña,a mayor parte no norte de Europa e algunhas no sur.Preséntase tamén as principais concas carboníferas que predominaen Gran Bretaña pequenas partes no norte de Europa e algunhas no sur,como España e Francia.Tamén aparece na lenda as principais áreas industriais que de novo van predominar en Gan Bretaña,unha grande área en Ruhr e outras máis pequenas repartidas por Europa.E finalmente a industria metalúrxica de cor violeta e a téxtil en verde, que van a aparecer en Gran Bretaña e por toda a Europa.
Como comentario decimos que é un mapa da Revolución Industrial que é un cambio brusco en pouco tempo que xorde en Gran Brataña(causa pola que neste país predomina a lenda) debido á revolución demográfica e a revolución agrícola na que se pasa dunha sociedade agraria a unha sociedade industrial.Tamén pola máquina a vapor de Watt e o ferrocarril fixo que houbese tando desarollo industrial en Gran Bretaña.
Como conclusión podemos dicir que esta expansión industrial deu lugar a diferenciación ente os países desarollados e os países subdesarollados
Yelisaveta Kunashenko 4º ESO A
Parabéns rapazas! Un gran traballo :)
ResponderEliminar