luns, 16 de xaneiro de 2017

Pintura de finais do XIX

Despois de todo visto na aula deberiades recoñecer sen problema que autores están detrás destas obras! Observádeas ben e decídeme:
1- Quen é o autor da cada unha e porque chegastes a esa conclusión.
2- Título, estilo, ano de creación e museo no que se conserva cada unha.
3- Que autor, dos vistos na aula (pode non ser ningún destes dous), vos gusta máis e por que?



10 comentarios:

  1. Segunda obra

    1.Ao principio pensei que era de Van Gogh pola forma na que está pintado o cadro e as cores que se ven, o contraste entre o azul e o amarelo, característico de dito artista. Pero buscando atopei que a obra non é del e quedeime con varias dudas, pero pensándoo e buscando cheguei a conclusión de que a obra que está haí mostrada é de Van Gogh polos rasgos postimpresionistas, copiada do seu “ídolo” Millet (realista).
    Ademais se miras as duas obras daste conta das diferenzas, tanto de cores, como de debuxo,... e están invertidas.
    2.A obra titúlase "La méridienne" (Descanso ao mediodía).É do postimpresionismo, feita entre 1889-90 mentres se atopaba no asilo “Saint-Rémy”. A día de hoxe a obra consérvase no museo “d’Orsay” en París.


    Primeira obra

    1.A obra é de Monet, presenta rasgos típicos do autor e do impresionismo como a desaparición do debuxo (se se mira o cadro de cerca dase a impresión dunha total abstracción, o espectador ten que facer un esforzo para reconstruír a paisaxe), a pincelada é solta,etc…
    2.A obra titúlase "Nymphéas bleus" (Ninfeas azuis). É do impresionismo, feita entre 1916-19 , anos nos que para Monet o xardín e o seu estanque foron as súas principais fontes de inspiración. A día de hoxe a obra atópase no museo “d’Orsay” en París.

    3. O artista que máis me gusta é Van Gogh, ademais de porque é moi coñecido (el e a historia da súa orella), tamén porque as súas pinturas son moi expresivas e diferenciables de todos os cadros dos demais artistas. Tamén me gusta moito porque aunque non coñeceu o éxito en vida, atopou na pintura o medio de expresar a emoción de vivir a través da cor.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro cadro é de Claude Monet porque non hai debuxo ,a pincelada é solta, a técnica é óleo sobre lienzo e desaparecen as sombras negras . Este autor é impresionista , entón tiña preferencia polas paisaxes e este cadro está influenciado pola estampa xaponesa .
    Este cadro titúlase "O estanque dos nenúfares " e pertence ao impresionismo. Creouse no ano 1899 e consérvase no museo "Orangerie de las Tullerías" en París , Francia .
    O autor do segundo cadro é Vicent Van Gogh porque lle dá importancia ao debuxo e preocúpase pola expresividade xa que os protagonistas do cadro expresan tristeza.
    Este cadro titúlase "La siesta " e pertence ao postimpresionismo . Foi realizado entre os anos 1889 e 1890 e consérvase no museo d'Orsay de París .
    A min de todos os autores que vimos o que máis me gusta é Vicent Van Gogh porque a parte de que os seus cadros son bonitos , sábese o que o autor pinta xa que o seu debuxo é máis definido que os impresionistas como Monet . Ademais eu xa coñecía este autor e xa me gustara algún cadro como "Los girasoles" .

    Yolanda Fervenza Domínguez

    ResponderEliminar
  3. 1_ A)Eu penso que a primeira obra foi realizada por Monet,porque ten unha serie de cadros relacionados con este tema.
    B) Por outra parte a seguinte obra penso que é de Van Gogh porque usa o contraste entre o amarelo e o azul.
    2_ A)"Os nenufares azuis". É impresionista porque ten unha pincelada solta, ausencia de sombras negras, non hai debuxo e hai plasmación da luz grazas ao reflexo na auga. Foi creado no 1916 e esta no museo d'Orsay en París.
    B) "La siesta". Podemos ver que é claramente do postimpresionismo porque lle da mais importancia ao debuxo, preocupase pola expresividade dos personaxes e ten un estilo persoal do pintor. Foi creado no 1890 e atopámolo no museo d'Orsay.
    3_ Creo que dos autores que vimos, decántome máis por Monet porque me parecen moi bonitas as súas obras e a combinación das súas cores. Tamén me parece que algunhas transmiten moita tranquilidade como as dos nenufares ou as paisaxes.

    ResponderEliminar
  4. 1.1-O autor do primeiro cadro é Monet. Cheguei a esta conclusión xa que este pintor é impresionista e neste cadro plasma as seguintes características propias deste estilo artístico:
    -Hai aparencias sucesivas dos nenúfares, é dicir, pinta o mesmo tema moitas veces con matices de iluminación.
    -Tamén podemos apreciar a pincelada solta.
    -Aparecen as cores primarias (amarelo, maxenta e cián) sen fundir no pincel e é o ollo quen crea as secundarias.
    -Neste cadro desaparecen as sombras negras.
    -Pintan ó aire libre e teñen preferencia polas paisaxes, por iso o autor recreou un estanque de nenúfares.

    2.1-Esta obra títulase “O estanque dos nenúfares” (1899) e pertence ó Impresionismo. Consérvase no museo parisino de La Orangerie.

    1.2-O segundo cadro pertence a Vincent Van Gogh.Esta obra é unha copia dun debuxo de Millet pero pódese apreciar que é de Van Gogh debido ó seu contraste entre cores secundarias como azul-violeta e amarelo-laranxa, que o de Millet non ten.
    No cadro de Van Gogh podemos apreciar o expresionismo, é dicir, expresa a tortura interna dos personaxes, aquí o podemos apreciar na cara da muller ó durmir a sesta.

    2.2-Este cadro títulase “Os campesiños durmindo a sesta” (1890) e pertence ó Postimpresionismo. Consérvase no museo de Orsay.

    3-O pintor que máis me gusta dos dados na clase é Edgar Degas (1834-1917) xa que é un impresionista máis da forma que da cor (utiliza o negro). Non pinta ó aire libre e non ten tanta pincelada solta como excepción deste estilo artístico. Paréceme interesante que introduza temas novos nos que apareza o movemento como as bailarinas.

    ZULEMA PENA FERNÁNDEZ

    ResponderEliminar
  5. O primeiro cadro é "Lilas de auga" de Monet. Sei que este cadro é del polo feito de que foi o pintor dos nenúfares, aos que lles dedicou una serie completa.
    Este cadro é de 1916, pertencente ao Impresionismo e consérvado no "Art Institute of Chicago Building". A técnica empregada é a de óleo sobre lienzo.
    O segundo cadro titúlase "La siesta" e é de Van Gogh. Sei que este cadro é seu polas cores empregadas ( azul e ocre, as súas cores fetiches) e máis polo tipo de pincelada.
    Esta obra pertence ao PostImpresionismo e foi creado entre 1889 e 1890. A técnica empregada é óleo sobre lienzo e consérvase no "Museo D'Orsay.
    De todos os autores que vimos na aula gústanme moitos, pero destacaría a Van Gogh, porque dende ven pequeña son moi afecionada a pintura e os seus cadros sempre me chamaron moito a atención, en especial a "habitación azul" e os seus famosos xirasois.

    ResponderEliminar
  6. 1.Claude Monet
    Principalmente porque era un estanque xaponés. Monet xa tiña outros cadros parecidos como “O estanque dos nenúfares”, un estilo parecido a este, que representa o mesmo.


    2.Water Liles, 1916.
    Estilo:impresionismo
    National Museum of Western Art, Tokyo

    1.Vicent van Gogh
    Porque lle da algo de importancia o debuxo.
    Recordabame o cadro de “As espigadoras” de Millet, pola xente no campo, pero o buscalo, puña como autor a Van Gogh.

    2.The siesta , 1890
    Estilo:Postimpresionismo.
    Musée d’Orsay, Paris


    3.Edgar Degas.
    Foi o pintor que mais me gustou, porque principalmente, a temática que utiliza son as bailarinas de ballet.O ser unha clase de baile que paticaba e gústame, quizais sexa por iso.

    ResponderEliminar
  7. PRIMEIRO CADRO:
    Este cadro é de Monet, xa que nel vense varios nenúfares e polo falado na clase, este autor tiña unha serie deles.
    Esta obra en concreto chámase "Blue water lilies" realizada entre 1916 e 1919. É de estilo Impresionista. Actualmente esta obra consérvase no Musée D'Orsay.

    SEGUNDO CADRO:
    Vincent Van Gogh foi o autor desta obra. Cheguei a esta conclusión porque xa vira este cadro antes, e esas pinceladas son típicas de Van Gogh, aínda que a temática fíxome dubidar se era del ou de Millet (autor ao que Van Gogh lle chamou a atención ). A obra titúlase "A siesta" e realizouse en 1890. O seu estilo é Postipresionista e actualmente tamén se conserva no Musée D'Orsay.
    3- Dos que vimos, o autor que máis me gustou foi Degas, porque descoñecía a ese pintor e aos cadros que facia, e aínda que na clase só véramos dous cadros del, buscando en Internet encontrei máis cadros de Degas que me gustaron. Gústame o efecto que consegue cós tutús das bailarinas.

    ResponderEliminar
  8. 1.A primeira obra é de Claude Monet.
    Cheguei a esa conclusión xa que Monet ten as súas propias características, como por exemplo as súas pinturas son de paisaxes pintadas o aire libre, desaparecen as sombras negras, aparece a pincelada solta...
    A segunda obra é de Van Gogh.
    Cheguei a esa conclusión xa que nesta obra utiliza unha pequena pincelada, expresando movemento, liña grosa...
    2.A primeira obra pertence ao Impresionismo xa que o autor é Claude.
    Monet. Esta obra realizouse en 1916-1919 e pódese encontrar en París, no museo d´Orsay.
    A segunda obra pertence ao Postimpresionismo. Esta obra realizouse en 1889-1890 e pódese en París no museo d´Orsay.
    3. Dos autores que vimos gústame Claude Monet porque gústame as cores que utiliza, gústame que as obras sexan de paisaxes fermosos e sobre todo a plasmación da luz.

    ResponderEliminar
  9. Tania Dacosta Fernández29 de xaneiro de 2017, 07:12

    Primer cuadro:
    1)Este cuadro es de Monet porque se interesaba por los temas de las planta,los reflejos de los sauces y el agua en sí.
    2)Título:Los nenúfares
    Estilo:Impresionismo
    Año de creación:1916
    Museo en el que se conserva:"Orangeire de las Tullerías de las,París.
    Segundo cuadro:
    Este cuadro es de Van Gogh porque le da importancia al dibujo.
    2)Título:La siesta
    Estilo:Postimpresionismo
    Año de creación:1890
    Museo en el que se conserva:Grand Palais (Musée d'Orsay)
    3)Millet,porque me gusta como trataba temas de la relidad de los campesinos.

    ResponderEliminar
  10. Grazas polas vosas respostas! O importante é vos afagades a recoñecer estilos e autores. Vexo que, en xeral,Van Gogh e Degas son os que máis gustan!

    ResponderEliminar