Como podedes observar hai un grupo de soldados británicos e alemáns posando para o fotógrafo, pero... non estaban en guerra?
Pois iso mesmo é o que me tedes que explicar: por que existe esta foto. Non esquezades dicir:
- Que é o que pasou e cando?
- Onde tivo lugar esta historia? Tristemente na segunda batalla que se librou nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
- Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?

Javier Maquieira 2ºA
ResponderEliminar-Trátase dunha fotografía en noiteboa na chamada Tregua de Nadal de 1914, entre os soldados alemáns e británicos en Ploegsteert(Bélxica). Este día os soldados deixaron de combatir para facerse fotos e pasar un rato agradable.
-o adianto empregado pouco despois foi un gas venenoso que mezclaba cloro e fosgeno.
-Realizou un acto conmemorativo (2004) no cal a UEFA emitiu un vídeo de animación na igrexa de San Martín en Ypres para conmemorar o centésimo aniversario da celebración do partido de fútbol realizado entre ambos bandos durante a trégua. Ademáis colocou un monumonto no campo onde se disputou o partido.
Sucedeu durante a chamada tregua de Nadal na noiteboa de 1914 no sur de Bélxica.Os soldados de ambos bandos estaban celebrando o Nadal e inclusive decoraran as trincheiras.O bando alemán comezou a cantar cancións de Nadal e foi correspondido polos ingleses o que demostraba as ganas que tiñan de matarse.Ao día seguinte xogaron un partido de fútbol non se sabe como apareceu o balón,tan só improvisaron unhas porterías e comezaron a xogar.Gañaron os alemáns 3-2.
ResponderEliminarA UEFA conmemorou este acontecemento facendo unha escultura en
honra deste acontecemento e unha película de catro minutos para resaltar a importancia que tivo o fútbol nesta tregua.
Inés Rodríguez Piñón 4B
Boas Inés! Non contestaches á segunda cuestión!
EliminarNa vixilia de Nadal de 1914, os soldados da fronte occidental, das dúas diversas alianzas cesan o lume. Acéndense velas, cántanse himnos do Nadal. Os alemáns iniciaron co Stille Nacht e os británicos responderon con panxoliñas en inglés. Comezan a facerse os saúdos de Nadal dunha trincheira a outra. Ata que alguén sae ao descuberto para atopar ao inimigo e apertarlle a man. Intercámbianse pequenos agasallos como whisky, cigarros, etc. Un feito histórico extraordinario, coñecido como ‘A tregua de Nadal’ que naceu entre os soldados ‘inimigos’ movidos polo sentimento cristián de humanidade e irmandade. Ao regresar ás súas respectivas trincheiras, os homes negáronse a loitar. Cando a noticia chegou aos cuarteis xerais os altos mandos tomaron as medidas oportunas para evitar que un feito similar puidese volver suceder.
ResponderEliminarA Segunda Batalla de Ypres tivo lugar entre o 22 de abril e o 25 de maio de 1915 e enfrontou ás forzas de Francia, Reino Unido, Australia e Canadá contra o Imperio alemán. Foi a primeira batalla na que se usou gas mortífero con fins militares. As forzas alemás lanzaron gas cloro asfixiante contra as tropas aliadas.
O 17 de decembro de 2014 a UEFA conmemorou en Ypres, Bélxica, o centenario da tregua de Nadal de 1914, e levantouse un monumento no mesmo sitio no que se disputou un improvisado duelo futbolístico. Michel Platini, entón presidente da UEFA, convidou os xefes de estado e de goberno de Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido e Irlanda argumentando que "a cerimonia de conmemoración debe render homenaxe aos soldados que, hai un século, expresaron a súa humanidade nun partido de fútbol escribindo un capítulo na construción da unidade europea e que son un exemplo para seguir polas novas xeracións de hoxe".
Eva Ordóñez Gómez 4º ESO B
Foi unha batalla entre soldades británicos e alemáns que ocorreu durante a Primeira Guerra Mundial, en Navidades do 1914. O que aconteceu fo que os soldados de ambos bandos saíron a terra de nadie ca bandeira branca e compartiron comida, recordos, ensinaron as cartas familiares e ata xogaron ao fútbol. Este acontecemento pasou porque o Kaiser de Alemaña mandou decoración navideña para as trincheiras e duplicou a comida, había un ambiente de festa, familiar e querían compartilo co enimigo.
ResponderEliminarEsta historia tivo lugar na fronte de Ypres (Bélxica). O adianto militar que aconteceu foi o gas venenoso e os tanques de guerra. Cando chegaban estas fechas os altos cargos bombardeaban intensamente o campo para que este suceso non volvera a pasar.
E por último a UEFFA ubicou un monumento conmemoratorio na rexión de Fñandes, Bélxica, onde ocurriu principalmente o acontecemento.
Andrea Solla Rodriguez 4ESO-B
Na Noiteboa de 1914 os soldados alemáns decoraron as trincheiras con abetos iluminados. Os soldados alemáns entoaron cancións de nadal e na distancia os aliados podían escoitar e sentir o ambiente festivo do que gozaban os seus inimigos. Ao pouco intre de comezar a cantar, desde as trincheiras aliadas alguén se uniu á celebración, e así, un tras outro, os homes dun e outro bando, comezaron a confraternizar, compartindo cancións do Nadal. Tras a noite, e ao amencer do día 25 de Decembro de 1914, algúns soldados alemáns, saíron das súas trincheiras enarborando bandeiras brancas e camiñando desarmados, internáronse en terra de ninguén. Ao pouco intre soldados dun e outro bando achábanse en terra de ninguén intercambiando chocolate, tabaco, bebidas. Mostrándose fotografías e recordos das súas familias e confraternizando como bos veciños. Ao longo do día, puideron recoller os cadáveres dos compañeiros mortos nos combates anteriores. Chegaron a realizar oficios relixiosos conxuntos e mesmo xogaron algún que outro partido de fútbol. Un feito histórico coñecido como ‘A tregua de Nadal. Ao regresar ás súas respectivas trincheiras e terminado o día de Nadal, aqueles homes que se coñeceron entre se se negaron a loitar. Disparaban ao aire ou se avisaban e saudaban a berros. Cando a noticia da tregua chegou aos cuarteis xerais dun e outro bando os altos mandos tomaron as medidas oportunas para evitar que un feito similar puidese volver suceder.
ResponderEliminarA Segunda Batalla de Ypres tivo lugar entre o 22 de abril e o 25 de maio de 1915 e enfrontou ás forzas de Francia, Reino Unido, Australia e Canadá contra o Imperio alemán. Foi a primeira batalla na que se usou gas mortífero con fins militares.
O 17 de decembro de 2014 a UEFA conmemorou en Ypres, Bélxica, o centenario da tregua de Nadal de 1914, e levantouse un monumento no mesmo sitio no que se disputou un improvisado duelo futbolístico.
Brais Prada González 4º ESO B
Javier De Jesús Vázquez 1º B BACH
ResponderEliminar-Por que existe esta foto?
La foto recrea el entierro de los soldados británicos y alemanes que murieran en la tierra de nadie.
-Que é o que pasou e cando?
Se conoce como Tregua de Navidad a un breve alto el fuego no oficial que ocurrió entre las tropas del Imperio alemán y las tropas británicas de la Primera Guerra Mundial durante la Navidad de 1914.
- Onde tivo lugar esta historia?
Na frente occidental entre Alemaña e Francia.
- Nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
Espontáneamente alguien sacó un balón con el quejugaron un partido de fútbol.
-Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?
El pasado 17 de diciembre de 2014 en Ypres, Bélgica, la UEFA conmemoró el centenario de la tregua de Navidad de 1914 en las trincheras de Flandes, en el cual estaba previsto levantar un monumento en el mismo sitio en el que se disputó el improvisado duelo futbolístico.
Boas Javi! Grazas polo teu comentario, aínda que non respondes correctamente á primeira pregunta nin á que se refire ao adianto con fins militares... Consulta o que puxeron os teus compañeiros!
Eliminar-Que é o que pasou e cando?
ResponderEliminarFoi A Tregua de Nadal, unha especie de alto o fogo provisional entre alemáns e británicos que aproveitaron para pasalo un pouco ben, xogaron partidos de fútbol e aproveitaron o curto tempo para enterrar a algúns soldados que morreran na terra de ninguén; o 24 de decembro do 1914.
- Onde tivo lugar esta historia? Tristemente na segunda batalla que se librou nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
Na fronte de Flandes; o gas mortífero.
- Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?
O presidente da UEFA reuniuse nun evento en Bélxica con algunhas persoas importantes no que a confederación honrou o feito de que os dous bandos xogaran ao fútbol cunha escultura, a demais publicou un corto de catro minutos no que celebridades do fútbol deron vida aos soldados que viviron A Tregua de Nadal.
Adriana Correa 4º B.
Esta fotografía chámase `Tregua de Navidad´. Foi tomada no nadal de 1914 na parte occidental da Primeira Guerra Mundial, nela aparecen as tropas do Imperio Alemán e as tropas británicas. Esta tregua comezou na víspera do nadal cando as tropas alemanas decoraron as súas trincheiras con decorativos navideños e cantando villancicos, mentres tanto, as tropas británicas responderon dende as súas trincheiras cos mesmos villancicos cantados en inglés, a tensión entre os dous bandos foise reducindo, até que os soldados saíron das trincheiras para ir falar cos seus inimigos e intercambiar agasallos. Na segunda batalla usouse a violencia e armas.
ResponderEliminarO gallo dos 100 anos consiste nun homenaxe aos soldados dos dous bandos, que apesar da situación que estaban vivindo, puxéronse a xogar ao fútbol.
Sheila Fernández Besada 4º A
-Alemaña e Inglaterra fixeron unha breve tregua o 24 de decembro de 1914, durante a I Guerra Mundial, chamada a "Tregua de Navidade". Na maioría dos sectores só durou unha noite, pero en outros durou, como máximo ata febreiro.
ResponderEliminar- No frente occidental.
- O presidente da UEFA invitou aos xefes de estado de diferentes países para rendir homenaxe aos soldados que na Tregua de Navidade xogaron un partido de fútbol improvisado para disfrutar ese día de paz tan inesperado.
Boas Ana! Faltaríache mencionar que adianto se empregou con fins militares...
Eliminar- Pasou durante a navidad do 1914, e foi unha tregua entre as tropas do imperio alemán e as tropas británicas por navidad.
ResponderEliminar- Tivo lugar en Ypres,Bélxica. Na segunda batalla empregouse un gas mortífero con fines militares.
- Facer unha ceremonia conmemorativa onde puxo unha película animada do partido disputado entre ambalas tropas e colocou un monumento no campo onde se xogou dito partido.
No nadal de 1914 durante a primeira guerra mundial prodiciuse un feito moi insólito, coñecido co nome de "Tregua do Nadal de 1914".
ResponderEliminarNesta noiteboa os soldados alemáns decoraban as trincheiras con abetos iluminados. Tamén se lles deran racións extras de pan, salchichas e licores.
Os soldados alemáns entonaron cancións de nadal, ao pouco tempo os aliados comezaron a unirse a aquela celebración e un tras outro comezaban a cantar.
Ao amencer do día 25 de decembro de 1914, algúns soldados alemáns saían das trincheiras alzando unha bandeira branca camiñando hacia ás terras de ninguén (entre Francia e Belxica). Logo os soldados dos dous vandos reuníanse, xogaban xuntos, conversaban e fixeran un partido de futbol. Ao regresar ás trincheiras negáronse a loitar.
O adianto foi a utilización de armas químicas.
A UEFA donou a cidade Comines-Warneton un monumento que se inaugurou o 11 de decembro de 2014. Con este acto a "Tregua do Nadal de 1914" recordarase o "Partido pola paz" que é como se pasou a chamar ata os nosos días.
Noel Barros González
4º ESO A
-O 24 de decembro de 1914 durante os enfrentamentos de tropas alemás e inglesas na I Guerra Mundial, os soldados alemáns decoraron as súas trincheiras con adornos navideños e cantaron "Noite de paz". Os soldados británicos responderon de inmediato cantando villancicos ingleses e dando inicio a un encontro histórico de paz e fraternidade no que deron alto ao fogo para celebrar xuntos a Navidade coma se fosen irmáns.
ResponderEliminar-Tivo lugar cerca da fronteira entre Francia e Bélxica.
O adianto foi que usaron armas químicas.
-O presidente da UEFA, Michel Platini, colocou o balón diante da escultura que conmemora o 100 aniversario da Tregua da I Guerra Mundial.
A Tregua de Nadal de 1914
ResponderEliminarDurante a Primera Guerra Mundial, ocorreu un feito insólito na historia. Era a primerio Nadal da Gran Guerra, en 1914. Moi cerca da poboación belga de Ypres, enfrentábanse xermanos contra británicos, franceses e belgas nas batallas que protagonizaron a fronte occidental. De pronto, pola mañaná, os alemáns comezaron a adornar as súas trincheiras e abetos iluminados xunto a un lote extra de comida e licores que recibiron por orde do Káiser. Os aliados non crían o que os seus ollos estaban vendo e menos cando escoitaron os tradicionais villancicos que os alemáns cantaban. Dende o lado aliado, comezaron a entonar tamén cancións , e ao unísono, cada un no seu idioma na mesma melodía.
Willfred Loasby, foi o primeiro soldado británico que atreveuse a salir da súa trincheira desarmado para encontrarse co bando enimigo,que fixo 36 metro. Alí coñeceu a un oficial alemán, que lle regalou seis cigarrillos e unha tableta de chocolate e propuso xogar un partido de fútbol. Así se fixo. Despóis, a tregoa tamén serviu para recuperar os cadáveres dun e outro bando no campo de batalla, celebrándose ceremonias funerarias conxuntas en territorio neutral. Seguiron intercambiando regalos, cigarrillos e licores, ata que un oficial alemán ordenou aos seus que volveran aos seus postos de combate e usaron por primeira vez o gas venenoso.
O 17 de decembro de 2014,o presidente da UEFA Michel Platini, convocou un partido para conmemorar ese feito no seu primer centenario, celebrándose en Ypres, onde se homenaxeou aos combatentes que participaron naquela batalla e posterior tregua de aquel frío día de Nadal.
Lisa Kunahenko 4ºESO A
LIsa! Esqueciches contestar á segunda pregunta!
Eliminar- Foi unha tregua entre Alemaña e Gran Bretaña para celebrar a Navidade o día 24 de decembro de 1914.
ResponderEliminar- Foi en Bélxica nas trincheiras de Ypres. Alí usouse por primeira vez gas mortífero con fins militares.
-O Presidente da UEFA inaugurou en Bélxica un monumento para a ocasión e unha película de catro minutos que rende tributo ao evento.
Ana Gómez Villaverde-4º ESO A
- Esta tregua no oficial foi entre las tropas del Imperio alemán y las tropas británicas.As tropas alemás comenzaron a decorar as súas trincheras, despois continuaron ca súa celebración cas cancións típicas do Nadal . As tropas británicas nas trincheras ao outro lado responderon cas mesmas panxoliñas en inglés.
ResponderEliminar-Pronto xa había chamadas a visitas na terra de ninguén, donde pequenos agasallos foron intercambiados: whisky, cigarrillos, etc. Isto ocurriu durante o Nadal de 1914 nos comezos da I Guerra Mundial.
-A UEFA conmemorou o centenario da tregua de Nadal de 1914 nas trincheras de Flandes, no cal estaba previsto levantar un monumento no mesmo lugar no que disputouse o improvisado duelo futbolístico.
Boas Uxía! Non contestas ben á segunda cuestión...
Eliminar1.- Na noite do 24 de decembro de 1914 as tropas alemás cantaban "Stille Nagcht" nas súas trincheiras e as tropas británicas contestaron cantando eles tamén dende o outro bando. Isto conseguiu unha tregua para celebrar todos xuntos a noite de Nadal.
ResponderEliminar2.- Tivo lugar en Flandes, na Fronte Occidental da Primeira Guerra Mundial, onde no ano 1915 as forzas alemás deciden utilizar por primeira vez un gas mortífero contra as tropas aliadas.
3.- Un monumento dun balón de fútbol no mesmo lugar onde en 1914 se improvisou un partido de fútbol durante o Nadal da Primeira Guerra Mundial.
CELINA MAURICIO DAMAS 4º ESO B
Este suceso coñécese como “Tregua de Nadal”. Foi un breve alto ao fogo non oficial que ocorreu en Ypres (Bélxica), entre las tropas do Imperio alemán e as tropas británicas durante a Primeira Guerra Mundial. A tregua comezou na véspera de Nadal, o 24 de decembro de 1914 cando as tropas alemás comezaron a decorar as súas trincheiras, e cantando villancicos, concretamente “Stille Nacht”(Noite de paz). As tropas británicas nun principio pensaron que todo iso era unha distracción para ocultar un ataque inminente, pero non foi así. Ao atardecer dese mesmo día, escoitáronse gritos dende as trincheiras alemás que se os ingleses no disparaban eles tampouco. Como non se escoitou ningún disparo, un soldado alemán decidiu ir xunto os alemáns e chegar a un acordo. Tras unha breve conversación, decidiron que entre as 10 e as 12 da mañá e as 14 e as 16 da tarde do dia 25 non se produciría ningún intercambio de fogo entre ambos bandos. Tras coñecer a noticia os soldados foron saíndo pouco a pouco das trincheiras e encontrándose en terra de ninguén con soldados do outro bando, onde se intercambiaron pequenos regalos (cigarrillos, chocolate...), cantaron xuntos villancicos e ata xogaron un partido de fútbol onde gañaron os alemáns 3 a 2.
ResponderEliminarEsta historia inspirou a moitos artistas a facer películas (“Joyeux Noël”, película francesa do 2005), libros (“A caída dos xigantes”, de Ken Follett, onde menciona a “Tregua de Nadal” e as medidas tomadas polos oficiais para que os soldados volveran a abrir fogo), series (no especial de Nadal da serie Doctor Who, móstrase a “Tregua de Nadal”), cancións (“All Together Now” de The Farm, que se converteu nun himno futbolístico)... e ata a UEFA fixo un pequeno homenaxe o 17 de decembro do 2014, onde cen anos máis tarde organizaron un partido conmemorativo no mesmo sitio (Ypres), entre británicos e alemáns, ademais de levantar un monumento nas trincheiras de Flandes.
Alexia Besada Pérez, 1º BAC B.
Alexia! Que pasou coa segunda pregunta?
Eliminar- Que é o que pasou e cando?
ResponderEliminarA noite do 24 de decembro de 1914 foi unha noite de paz en Bélxica xa que os dous bandos da guerra fixeron unha tregua na cal os superiores non estaban informados. Os soldados olvidándose por un instante das gráficas consecuencias da guerra e descansaron, decoraron as trincheiras, etc. Ademais, fixeron un partido de fútbol. Cando a noticia chegou aos superiores, os soldados foron enviados a outros escenarios polo medo de que finalizase a guerra.
- Onde tivo lugar esta historia?
Entre as fronteiras de Bélxica e Francia.
Tristemente na segunda batalla que se librou nese sitio usouse por primeira vez un "adianto" con fines militares, sabedes cal foi?
A Tregua de Navidad.
- Por último, esta historia de humanidade inspirou a varios artistas e se fixeron películas, cancións e mesmo anuncios co tema. Pero tamén a UEFA lembrou esta historia co gallo dos 100 anos do inicio da 1ª Guerra Mundial, que foi o que fixo?
Colocou un monumento no lugar en que tivo lugar o suceso.
Boas Candela! O adianto usado con fins militares na segunda batalla de Ypres foi o gas, non está ben respondida a pregunta...
Eliminar