luns, 25 de xaneiro de 2016

De quen son?

Despois do visto na clase...sabedes recoñecer de quen son estes cadros, centrados ambos nunhas plantas moi decorativas?
O primeiro/a que o adiviñe terá a súa recompensa!
Debedes especificar:
1- Título.
2- Autor.
3- Estilo ao que pertence e por que.
4- Curiosidade: que prezo acadaron nas subastas de arte nas que se venderon?




15 comentarios:

  1. o primeiro é : os nenúfares , autor monet , estilo impresionismo , 39,7 millóns de euros
    o segundo é : os xirasois , autor van gogh , etilo posimpresionismo , 2.080 millons de euros

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben Lucía, pero fáltache explicar por que pensas que pertencen a eses estilos artísticos!

      Eliminar
    2. Ah! E a segunda cifra que das, o prezo dos Xirasois, non é correcta...Está claro que estes cadros acadan prezos desorbitados pero iso sería unha auténtica tolería, non cres? ;)

      Eliminar
  2. Sara Vera Fernandez25 de xaneiro de 2016, 08:53

    1.-
    Título: Os nenúfares
    Autor: Claude Monet
    Pertence ao Impresionismo pola pincelada solta e espesa,porque é unha obra ao aire libre, sen sombras negras con moita luz que é o que caracteriza o impresionismo.
    Acadou un prezo de 39 millóns de euros.
    2.-
    Título: Xarrón con catorce xirasois ou os xirasois
    Autor: Vincent van Gogh
    Estilo: Postimpresionismo
    Vendeuse nunha subasta por 40 millóns de dólares


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben o primeiro cadro, Sara! Por que non non xustificaches tamén o estilo do segundo?

      Eliminar
  3. Patricia García Revuelta 4ºc25 de xaneiro de 2016, 09:00

    CADRO 1
    1 OS NENÚFARES
    2 CLAUDE MONET
    3 IMPRESIONISMO:desaparece o debuxo,a pincelada é solta e grosa,utiliza a teoría das cores
    4 vendeuse en Londres por 39,7 millóns de euros

    CADRO 2
    1 OS XIRASOIS
    2 VAN GOGH
    3 POSTIMPRESIONISMO:volven a importarlles o debuxo, non ten movemento definido xa que abrangue distintos estilos persoais
    4 vendeuse por 40 millóns de euros

    ResponderEliminar
  4. 1º CADRO
    -TÍTULO: Nenúfares
    -AUTOR: Claude Monet
    -ESTILO: Impresionismo. Este tema repítese constantemente nos cadros de Monet ao igual que os temas no Impresionismo xa que o importante é a luz e os seus reflexos e matices. Non hai debuxo senón que son pinceladas soltas.
    -PREZO DE SUBASTA: Non coñezo o prezo concreto desta obra pero o cadro da serie dos nenúfares máis caro de Monet chegou a venderse por 41 millóns de libras (Londres).

    2º CADRO
    -NOME: Os Xirasoles
    -AUTOR: Van Gogh
    -ESTILO: Postimpresionismo. Aquí nótase moito máis o debuxo e non só se preocupa pola luz, senón polo que expresa o cadro. Non se parece a ningún outro cadro deste movemento xa que cada autor tiña una personalidade moi distinta.
    -PREZO DE SUBASTA: 40 millóns de dólares.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi boa resposta,Hugo! O tema do prezo exacto é un pouco irrelevante, simplemente era para que vos fagades unha idea dos prezos que acadan estas obras no mercado da arte!

      Eliminar
  5. 1.- O primeiro cadro chámase Nenúfares, e é de Claude Monet, pertence ao estilo impresionista, e algúns cadros da mesma serie chegaron a acadar 40 millóns de dólares en subastas.

    2.- O segundo cadro chámase Os Xirasois e é de Vincent Van Gogh, pertence ao postimpresionismo, pintou varios cadros de Xirasois, algúns acadaron tamén os 40 millóns de dólares.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A resposta está ben Jorge, so faltaría explicar por que lle adxudicaches ese estilo a cada cadro!

      Eliminar
  6. 1ºCADRO
    TÍTULO: NENÚFARES
    AUTOR: MONET
    ESTILO: IMPRESIONISMO - Porque usa cores escuras en vez da cor negra; as obras non mostran emocións; a paisaxe ten gran importacia xa que deixa aos artístas plasmar os cambios de luz
    PREZO: 31,72 millóns de libras no 2014 en Londres

    - 2º CADRO:
    TÍTULO: OS XIRASOLES
    AUTOR: VINCENT VAN GOGH
    ESTILO: POSTIMPRESIONISMO (é a continuación do Impresionismo) Da importancia ao sentimento, á subxectividade e á emoción que transmite o pintor; déixase de usar cores escuras e opacas; pinceladas longas para dar forza e emotividade ás obras.
    PREZO: 39,9 millóns de dólaes mercado por un xaponés chamado Yasuo Goteo no ano 1987

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben Álvaro! So unha cousa: ollo coa expresión! "Usa cores escuras en vez da cor negra", entendo que queres dicir que para crear as sombras non empregan o negro senón unha tonalidade máis escura da cor empregada no obxecto, non?

      Eliminar
  7. 1ºCADRO:

    TÍTULO: Os nenúfares
    AUTOR: Monet
    ESTILO: Impesionismo-pincelada solta e grosa,porque faise ao aire libre nun momento preciso,utiliza a variedade de cores.
    PREZO: 40 millones de libras

    2ºCADRO:

    TÍTULO: Os xirasois
    AUTOR: Van gogh
    ESTILO: Postimpresionismo-empleo de cores contrastantes para darlle forma ao debuxo,pinceladas de angustia y desconsuelo
    PREZO: 40 millones de euros

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa resposta Sandra! Lembra repasar a resposta antes de enviar para non cometer erros como misturar galego e castelán. E ollo coa expresión!Por exemplo, en "piceladas de angustia e desconsuelo" mellor sería poñer "pincelada expresiva, que nos suxire a súa angustia interior".

      Eliminar